Arrincan as obras para renovar o firme do acceso ao Montiño en Taragoña

25 Febreiro 2026

Aproveitando o pequeno respiro do clima e das chuvias desta semana, o Concello de Rianxo comezou coas obras para a renovación completa do firme da vía de acceso ao Montiño dende a DP-7203 (Taragoña).

O proxecto inclúe a limpeza previa de toda a superficie afectada, o rebaixe do pavimento actual diante da vivendas onde a pista queda á mesma cota que a parcela, arranxo previo de fochancas nos puntos máis deteriorados na actualidade, instalación de novos imbornais e sumidoiros que evacúen a auga a través da rede existente, así como a aplicación, ao remate de todo o anterior, dunha mestura de aglomerado asfáltico aplicado en quente cunha media de 6 centímetros de espesura.

O alcalde Julián Bustelo informou que “xa a finais do 2023 executamos unha obra para mellorar o treito de vía que une o Montiño con Te”. Entre as dúas actuacións, o investimento total case chega aos 150.000 euros, engadiu.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.