O Concello de Boiro traslada a Sanidade as necesidades do Centro de Saúde

25 Febreiro 2026

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o concelleiro delegado da área de Sanidade, Roberto Lojo, mantiveron na mañá deste mércores 25 de febreiro unha xuntanza co xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza, Ángel Facio Villanueva, e o seu equipo para trasladarlle as principais necesidades do Centro de Saúde de Boiro.

Entre as máis destacadas demandas trasladadas está a cobertura de prazas de médicos e persoal administrativo, dotación de novos espazos para o persoal médico; así como arranxos e melloras no edificio.

Por parte do equipo da xerencia comprometéronse a estudar todas as necesidades para poder atallalas.

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, resaltou a boa predisposición por parte da xerencia para “atender estas demandas que xorden da veciñanza e persoal do centro e que van redundar en melloras para o centro e a cobertura de servizos no Centro de Saúde”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.