O Concello de Dodro enfila a recta final do verán (e a chegada da primavera) con catro roteiros de sendeirismo

25 Febreiro 2026

Coa mirada posta na chegada do bo tempo, o Concello de Dodro presenta unha completa listaxe de roteiros de lecer pensada para gozar da natureza, descubrir novas paisaxes e tesouros patrimoniais e compartir bos momentos en grupo. Trátase do Programa de Sendeirismo 2026 do Concello de Dodro. Inclúe catro rutas durante os meses de abril, maio e xuño, en contornas naturais de gran beleza. Será, en palabras do Concello, “unha oportunidade perfecta para activar corpo e mente mentres exploramos camiños únicos da nosa comunidade”.

O programa susténtase sobre as moitas vantaxes e beneficios do sendeirismo: mellora da saúde cardiovascular, fortalecemento muscular e das articulacións, redución do estrés e mellora do estado de ánimo, contacto coa natureza e desconexión dixital e fomento das relacións sociais e do compañeirismo. Ademais, sinala o Concello, “o sendeirismo é unha actividade accesíbel, saudábel e perfecta para todas as idades”.

Neste intre está aberto o proceso de preinscrición para todas aquelas persoas interesadas en participar. As prazas son limitadas.

Para formalizar a preinscrición podemos contactar co Departamento de Deportes sito no Pavillón Polideportivo Municipal. 981.80.25.32 / 689.897.223 / deportes@dodro.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.