Barrosanta e ButacaZero levan a Rianxo este venres a función “Xoguetes rotos”

23 Febreiro 2026

Este venres 27 de febreiro o Auditorio Municipal de Rianxo vai ser o escenario do espectáculo Xoguetes rotos, da campañía Barrosanta, en coprodución con ButacaZero. A función, que é para maiores de 14 anos, dará comezo ás 21.00 horas e terá unha duración de arredor de 70 minutos. A entrada será de balde ata completar capacidade (con recollida de convites dende unha hora antes do comezo da función, máximo 2 por persoa)

Organiza o Concello de Rianxo ao abeiro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Xoguetes rotos é unha obra que nos fala da fenda íntima na memoria e na identidade. Cóntanos a historia de Mario e da descuberta de quen é realmente, transportándonos dende unha aldea da provincia de Ourense até o Vigo industrial dos anos 70. Estamos ante un relato de valentía, amizade e transformación, protagonizado por Barrosanta (Anxo Outomuro e Dani Lago) en co-produción con ButacaZero. O texto é de Carolina Román adaptado pola dramaturga e actriz rianxeira Esther Carrodeguas e por Roberto Pascual. A dirección é de Xavier Castiñeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...