Boiro homenaxea aos oito boirense fusilados pola represión franquista no cemiterio de Boisaca en 1937

21 Febreiro 2026

Boiro rende homenaxe aos oito veciños fusilados pola represión franquista no cemiterio de Boisaca en 1937 a través dunhas xornadas de memoria histórica e dun acto central co descubrimento dunha placa conmemorativa.

Xornadas de memoria no Pazo de Goiáns

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, inaugurou esta mañá no Pazo de Goiáns as Xornadas en homenaxe aos boirenses fusilados en Boisaca en 1937, organizadas pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza (CRMH). O rexedor subliñou que iniciativas deste tipo “fan saír á luz” a historia do municipio e son necesarias para que “sexan coñecidos e recordados” uns feitos que non se deben repetir.

Ao longo da mañá desenvolveuse unha conferencia histórica sobre a represión franquista na comarca do Barbanza, a cargo de Antonio Míguez, así como unha sesión dedicada ás biografías dos boirenses fusilados en Boisaca e aos lugares da memoria de Boiro, guiada por Xosé Deira e Rocío L. Yáñez. As xornadas completáronse cun roteiro por algúns dos espazos máis significativos vinculados á memoria represiva no termo municipal.

Acto central no cemiterio de Boisaca

O acto central terá lugar este domingo no cemiterio de Boisaca, en Santiago de Compostela, onde se descubrirá unha placa na honra de Rodrigo Álvarez Gantes, Braulio Castro Gallardo, Ramón Lojo Agrelo, José Maceiras Vilasó, Santiago Miranda Lago, Juan Outeiral Outeiral, Juan Bautista Torrado Rivadulla e Gerardo Piñeiro Piñeiro, fusilados na madrugada do 23 de febreiro de 1937. No acto participarán familiares das vítimas, representantes institucionais e membros da CRMH, nunha homenaxe concebida como un xesto de dignidade, reparación moral e xustiza democrática.

Autobús para facilitar a participación

Para facilitar a asistencia da veciñanza, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza habilitou un autobús que sairá de Ribeira ás 9:15 horas e realizará paradas en Palmeira (9:20), A Pobra (9:25), Escarabote (9:35), Boiro (9:40) e Rianxo (9:50). A entidade lembra que “nomear ás vítimas é reparar” e que lembrar o pasado non divide, senón que axuda a pechar feridas desde a verdad

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.