O PSdeG-PSOE de Rianxo amosa a súa predisposición ao diálogo co Goberno local para materializar os orzamentos

20 Febreiro 2026

O PSdeG-PSOE de Rianxo emitiu un comunicado no que manifesta a súa “preocupación” ante a situación económica do concello, que, segundo din, “afronta un segundo ano consecutivo con orzamentos prorrogados sen que exista, a día de hoxe, unha proposta formal de contas para 2026 nin comunicación cos grupos da oposición ao respecto”. Ante esta situación (sosteñen que o Concello “continúa sen planificación económica definida para o exercicio actual”, malia ser a folla de ruta orzamentaria “fundamental para garantir servizos e investimentos”), o grupo manifesta a súa “total disposición ao diálogo e á colaboración co Goberno municipal, coa intención de contribuír á elaboración dun orzamento equilibrado e con prioridades claras para 2026”.

Seguindo o dito fío propoñen unha serie de liñas prioritarias a incorporar nos orzamentos de 2026:

-Organización e planificación municipal, garantindo unha aplicación responsábel e progresiva da RPT.

-Mellora de infraestruturas e espazos municipais, especialmente nas instalacións deportivas e accesos escolares.

-Apoio ao deporte local, incrementando as axudas aos clubs e establecendo bolsas para deportistas individuais.

-Apoio á comunidade educativa, en especial mediante axudas directas ás ANPAS.

-Impulso ao tecido económico local, reforzando o apoio á ARE e promovendo medidas de dinamización comercial.

-Planificación de solo industrial, abrindo o debate sobre a procura dunha localización para un novo polígono industrial que permita garantir o desenvolvemento económico futuro do municipio, valorando tamén as posibilidades de ampliación ou aproveitamento do actual Polígono de Té como opción máis inmediata.

-Mantemento ordinario dos espazos públicos, incorporando partidas específicas para limpeza, mobiliario urbano, iluminación, xardinería e rozas, garantindo así a conservación axeitada das infraestruturas e unha mellor calidade de vida para a veciñanza.

-Avance na licitación dos servizos municipais que continúan en situación de precariedade administrativa, garantindo a súa regularización mediante contratos estábeis, transparentes e con planificación a medio prazo, que melloren a calidade do servizo, aporten seguridade xurídica ao Concello e dignifiquen as condicións laborais das persoas traballadoras vinculadas a estes servizos.

O PSdeG-PSOE de Rianxo reitera a súa disposición ao diálogo e á negociación co Goberno municipal pero advirten: “Para negociar ten que existir un documento enriba da mesa e un calendario claro. Rianxo merece responsabilidade, seriedade e unha folla de ruta definida para o seu futuro”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.