A Xunta inicia hoxe a construción dun itinerario peonil entre Tallós e Bexo

15 Xullo 2019

20190715. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comeza hoxe as obras para a construción dun itinerario peonil e ciclista na estrada AC-305, entre Tallós e Muronovo, por un investimento de case 230.000 euros.

Os traballos, cun prazo de execución de cinco meses, consistirán na execución de tres tramos de senda, que xunto cos xa existentes, permitirán completar un itinerario peonil na marxe dereita da estrada AC-305, entre os lugares de Tallós e Bexo.

As sendas que se van construír suman máis de 1’5 quilómetros, iniciándose a actuación á  entrada de Tallós, entre os puntos quilométricos 2+450 a 2+570, seguindo de Tallós a Muronovo, puntos quilométricos 2+920 a 3+630, e rematando no tramo de Mo a Bexo, puntos quilométricos 5+155 a 5+875.

Ademais, colocaranse unha tubaxe para canalizar as augas de drenaxe, así como unha canalización que permita nun futuro a instalación de alumeado se é preciso.

Esta actuación enmárcase na estratexia deseñada pola Xunta de Galicia para “a promoción de contornos urbanos seguros, fomento da mobilidade sustentable e a mellora da accesibilidade e calidade de vida da cidadanía.”

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.