Un veciño de Noia aparece sen vida no río Té tras un amplo operativo de procura en Rianxo

20 Febreiro 2026

Un home de mediana idade, veciño de Noia, foi localizado sen vida no río Té despois de varias horas de procura en distintas zonas do municipio de Rianxo. O seu vehículo fora achado previamente na parroquia do Araño, o que centrou nese punto o dispositivo despregado polas forzas de seguridade.

O turismo apareceu perfectamente estacionado na zona das Mirans, nas inmediacións dunha área recreativa. A partir dese momento, patrullas da Garda Civil, Policía Local e voluntarios de Protección Civil peitearon a contorna en busca do desaparecido.

Aínda que aínda non constaba unha denuncia formal por desaparición, a ausencia do home foi comunicada á Garda Civil na tarde do xoves. De inmediato activouse un operativo de rastrexo que tivo que ser interrompido á noitiña e que se renovou a primeira hora da mañá cun reforzo de medios, incluído un helicóptero.

Segundo transcendeu, o home saíra do seu domicilio coa intención de dirixirse a Taragoña, pero nunca chegou ao seu destino. A falta de noticias durante varios días xerou preocupación entre os seus familiares, que alertaron da situación. Finalmente, o corpo foi localizado no río Té, onde se investigan agora as circunstancias do suceso.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.