Concello de Boiro e AGAN ultiman a posta en marcha do Museo do Mar no Centro Social de Escarabote

15 Maio 2020

O Concello de Boiro, a través do departamento de Turismo, está a traballar coa Asociación Galega de Actividades Náuticas (AGAN+) para a posta en funcionamento dunha mostra inspirada en motivos mariñeiros. O alcalde, José Ramón Romero, a Concelleira de Turismo, Marisa Collazo, o
videpresidente de AGAN+, José Manuel Fernández, e o coordinador da mostra, Xaquín, visitaron onte as instalacións do Centro Social de Escarabote onde se vai localizar o museo.
A exposición estará lista para inaugúrase cando a AGAN+ retome os cruceiros pola ría que estaban previstos para comezar en abril pero tiveron que suspenderse polo COVID-19. O museo, que antes se localizaba en Cabo de Cruz, vai pasar agora a situarse en Escarabote, nun local máis amplo coa
intención de poder engadir novas pezas e tamén material audiovisual para
poder facer proxeccións de vídeos do territorio á mostra e tamén para que sexa máis cómodo para os visitantes.


AGAN+ leva desde o ano 2016 organizando estes minicruceros e facendo parada en Boiro os últimos 3 anos. A idea do cambio de localización do Museo do Mar é que os visitantes que chegan nestes cruceiros poidan
visitar tamén o pobo e toda a contorna, polo que estes cruceiros van modificar tamén a súa ruta e aumentar a estancia no municipio.
O obxectivo destas visitas, tanto por parte do Concello de Boiro como da
AGAN+, é a posta en valor do patrimonio cultural propio, dando a coñecer os recursos naturais dos que dispoñemos e tamén a historia e tradición da
localidade.

Concello de Boiro e AGAN ultiman a posta en marcha do Museo do Mar no Centro Social de Escarabote

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito á folga” – José Manuel Pena

“Dereito á folga” – José Manuel Pena

A folga está recoñecida como un Dereito Fundamental na Constitución española, concretamente no seu artigo 28, entendendo como algo necesario para defender os intereses socioeconómicos e profesionais dos traballadores. Así mesmo o artigo 4 do propio Estatuto dos...

“As ilusións transformadoras” – Xosé González Martínez

“As ilusións transformadoras” – Xosé González Martínez

En 1983 as persoas que circulaban polas tres estradas que converxían na vila de Redondela sorprendéronse un día coa aparición duns paneis de grandes dimensións colocados nas beiraestradas dándollela benvida aos viaxeiros nos catro idiomas cooficiais do Estado...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.