Padrón organiza unha xornada de actos, música e gastronomía para homenaxear a Rosalía de Castro

18 Febreiro 2026

O Concello de Padrón desenvolverá o vindeiro 23 de febreiro unha programación especial con motivo do Día de Rosalía, en palabras do Executivo local “unha cita sinalada no calendario cultural galego que converterá a vila nun espazo de encontro arredor da poesía, a música e a tradición gastronómica”. A xornada en Padrón comezará ás 10.00 horas cunha saída desde a rúa do Sol ata a estatua de Rosalía no Espolón. O acto incluirá unha alborada cos Carapaus e a lectura de poemas por parte do alumnado dos IES Camilo José Cela e Macías O Namorado, promovendo a participación activa da mocidade nesta conmemoración.

Ás 14.00 horas, un total de 18 establecementos hostaleiros da vila ofrecerán a tradicional degustación do Caldo de Gloria, consolidada xa como unha das iniciativas máis representativas desta celebración.

De maneira complementaria, Padrón Turismo impulsa a actividade Café con Verso, na que 16 establecementos repartirán entre a súa clientela tarxetas con versos de Rosalía, contribuíndo á difusión da súa obra a través dun formato próximo e accesíbel.

Ademais, o Concello de Padrón estará representado nos actos institucionais que se celebrarán en Santiago de Compostela e na propia Casa de Rosalía.

En Santiago, ás 11.00 horas terá lugar un acto público con alborada e ofrenda na praza de Vigo, seguido ás 12.00 horas do acto institucional no Panteón de Galegos Ilustres (San Domingos de Bonaval, Santiago), con lectura de poemas e actuación musical, así como posterior degustación do Caldo de Gloria.

Xa pola tarde, na Casa de Rosalía en Padrón, celebrarase ás 19.00 horas unha degustación do Caldo de Gloria con Iago Pazos (Abastos 2.0) e bolos do pote elaborados por mulleres de Mazaricos, rematando a xornada cun concerto de Uxía e Javier Ruibal no auditorio ás 20.00 horas.

O 23 de febreiro, Padrón volverá situarse como epicentro da homenaxe á súa escritora máis ilustre, combinando participación cidadá, actividade cultural e colaboración do tecido local.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.