Padrón prepárase para repoñer os estragos causados polos temporais das últimas semanas

17 Febreiro 2026

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, convocou este martes 17 de febreiro unha reunión extraordinaria do Goberno Municipal con representantes da Policía Local, GES e do departamento municipal de obras para establecer “un plan de traballo que permita reparar canto antes os danos causados polos sucesivos temporais das últimas semanas”.

Sobre a mesa estiveron a reposición de múltiples puntos de luz da rede de iluminación pública, e o importante deterioro das estradas municipais, na que se formaron múltiples fochancas. A revisión dos semáforos e da sinalización viaria vertical, a desaparición de numerosas marcas viarias horizontais que necesitan ser repintadas, ou a aparición de goteiras e danos en cubertas de edificios e instalacións deportivas municipais foron outros dos puntos analizados na reunión, que se celebrou no salón de plenos do Consistorio.

“Arranxaremos todas as deficiencias causadas polos temporais o máis rápido posíbel, tan axiña como o tempo no lo permita”, asegurou Anxo Arca. Para estas actuacións, “contarase con persoal municipal e tamén con empresas, porque é moito o traballo que debemos realizar”, engadiu. O alcalde é conscientes de que estes gastos non previstos suporán un esforzo económico importante para o concello, “pero debemos asumilos”.

O tempo necesario para acometer estas obras e recuperar a normalidade, “dependerá das condicións meteorolóxicas, posto que hai tarefas que requiren dun tempo seco e un terreo enxoito. Tamén da dispoñibilidade das empresas, que serán demandadas non só polo Concello, senón tamén por moitos particulares que sufriron danos nos seus domicilios, polo que terán que repartirse e ir sacando o traballo conforme vaia sendo posible”, resaltou.

O alcalde reclamou “un pouco de paciencia e de comprensión ante situación, porque recuperarse deste período de tanto desgaste vai levar un tempo”. Anxo Arca agradece a implicación de todo o persoal municipal, que estivo traballando en condicións moi adversas, e tamén a comprensión da veciñanza padronesa, “que mantivo a calma e evitou situacións de risco innecesarias”.

Ademais de arranxar as estradas e mobiliario municipal, o Concello de Padrón “volverá a solicitarlle ao Ministerio de Transportes unha mellora do firme e da sinalización da estrada N-550 ao seu paso polo municipio, especialmente no que respecta á visibilidade dos pasos de peóns”, concluíu Anxo Arca.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...