Bexo recupera o Burro de Antroido máis de setenta anos despois

16 Febreiro 2026

A aldea de Bexo, no municipio de Dodro, volveu vivir o pasado sábado unha das súas tradicións máis singulares coa recuperación do Burro de Antroido, desaparecido hai máis de setenta anos. A iniciativa foi posible grazas ás achegas e lembranzas da xente máis vella da aldea, que participaron nunha recollida de testemuñas para reconstruír con fidelidade esta figura emblemática do Entroido local.

O Burro de Antroido saía antigamente da casa de Manolo “o Manco”, quen se encargaba de dar vida ao personaxe. O burro simbolizaba un animal que percorría as rúas bailando e, armado cun vimbio, tentaba golpear de xeito simbólico a grandes e pequenos, entre risas e carreiras.

A estrutura está construída en madeira e cartón, representando a cabeza e o corpo dun burro, e vai adornada con flores de mimosa e un colar de laranxas. No seu interior métese un veciño encargado de manexalo. Xunto a el desfilan os tradicionais “choqueiros”, figuras típicas da contorna que empregan roupa vella de cores rechamantes ou fóra de contexto —homes vestidos de mulleres, camisóns ou pezas de roupa interior por fóra— e que ocultan a súa identidade con caretas de cartón, panos ou mesmo fariña e tizón na cara.

O Entroido, festa na que “todo se volve do revés”, converte así o burro —animal humilde e de traballo— no protagonista dunha xornada na que se ridiculiza o poder e se celebran a retranca e a sátira popular.

O pasado sábado, a veciñanza participou na chamada “comitiva do burro”, unha auténtica choqueirada polas principais rúas da aldea, acompañada polos gaiteiros da Foliada do Montiño. O percorrido fixo paradas especiais nas casas das persoas maiores que contribuíron coa súa memoria á recuperación da tradición, para que puidesen valorar o resultado final.

A xornada rematou cunha animada foliada e filloada na casa vella dos de Rosende, na que participaron veciños e visitantes ata ben entrada a noite.

A recuperación do Burro de Antroido foi impulsada pola comisión de festas de Bexo, que quixo agradecer publicamente as testemuñas de Divina de Chan de Currais, Rosaura, José de Casal, Carme de Vilar, Marcelina e Moncha de Lamelas, así como a todas as persoas que colaboraron na construción desta figura que volve formar parte da identidade cultural da aldea.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.