O Concello de Ribeira destina máis de 48.000 euros á restauración do lavadoiro da Penisqueira en Aguiño

16 Febreiro 2026

O Concello de Ribeira anunciou a adxudicación para levar a cabo o proxecto para a restauración e a posta en valor do lavadoiro da Penisqueira, situado na parroquia de Aguiño. En concreto, o Executivo local destinará 48.198,54 euros co obxectivo de terminar co estado deteriorado no que se atopa a construción, debido ao propio paso do tempo e ao dano que lle causa a acción do mar e demais efectos climatolóxicos aos que está sometida. Para iso, levarase a cabo a roza da vexetación existente e limpeza da contorna, a renovación do conxunto de canalizacións que subministra a auga, a instalación e a repicaxe dos muros de cachotería de granito que se rexuntan de novo con morteiro de cal.

Así mesmo, procederase á formación de fondo de lavadoiro e estanque con morteiro de cal hidrófugo, tras repenicar o morteiro existente. O proxecto prevé tamén o la rehabilitación manual das pezas do lavadoiro deterioradas e disgregadas pola erosión, incluíndo a reposición dos elementos rotos.

Proxectarase tamén a execución dunha zona de miradoiro, mediante a instalación dunha pequena bancada de pedra. Por último, a zona será accesíbel desde o camiño público lindeiro e habilitarase tamén un carreiro cara ao lavadoiro con pavimento de pezas de granito silvestre.

O Concello explicou que “estas actuacións permitirán poñer en valor un lavadoiro cunha situación xeográfica excepcional, que o converten nun lugar con vistas privilexiadas sobre a ría de Arousa e o Atlántico”. Ademais, este conxunto destaca pola integración da súa construción na rocha sobre a que se asinta, parecendo emerxer dela porque, ademais de estar construído en pedra, a cota superior do muro perimetral coincide coa cota de acceso, situando ao lavadoiro por baixo do camiño principal, de forma que pasa desapercibido para os paseantes, pero non para os navegantes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...