A Consellería de Medio Ambiente e o Concello de Ribeira traballan para mellorar o funcionamento da EDAR

16 Febreiro 2026

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, avaliaron nunha reunión celebrada na mañá deste 16 de febreiro as actuacións a realizar para a mellora do funcionamento da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da localidade.

Durante o encontro, a rexedora explicou á conselleira que unha das accións prioritarias sería a substitución da arqueta de rotura AR3, que, segundo dixo, actualmente presenta problemas de corrosión polas infiltracións de auga de mar. En concreto, esta arqueta é a previa á entrada da EDAR, que foi executada por Acuaes, e ten dúas válvulas que regular a entrada de auga na instalación, engadiu.

Para avanzar na busca dunha solución a esta situación, técnicos de Augas de Galicia reuniranse con persoal municipal para analizar diferentes opcións e determinar cal sería a más axeitada, así como o procedemento para levalo a cabo.

Ademais, na reunión tamén abordaron o proxecto municipal para ampliar a rede de abastecemento no lugar de Cudieiros, na parroquia de San Pedro de Palmeira. Neste caso, a conselleira indicou que “persoal de Augas avaliará a viabilidade do proxecto para, a continuación, establecer posíbeis vías de colaboración e financiamento para acometelo”.

Lembrou tamén que aínda que a prestación dos servizos de saneamento, abastecemento e depuración é unha responsabilidade de competencia municipal, “o Goberno galego leva anos prestando o seu apoio técnico e financeiro aos concellos que o necesiten”.

De feito, o orzamento de Augas de Galicia para 2026 sobe un 5,5%, ata os 151,7 M€, para seguir optimizando o saneamento e o abastecemento coa mellora e creación de infraestruturas, a formación e a divulgación de técnicos e cidadanía, e a execución de políticas de prevención ante os riscos climáticos e que aumenten a resiliencia hídrica da comunidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...