A IA dende un enfoque seguro e responsábel chegará aos institutos de Muros, Boiro e Ribeira da man da Deputación e o CITIC da UDC

16 Febreiro 2026

A Deputación da Coruña, en colaboración co CITIC – Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña, impulsa un programa educativo pioneiro sobre intelixencia artificial xenerativa dirixido ao alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato en 20 centros educativos da provincia.

Segundo informou a institución provincial, “a iniciativa ten como obxectivo achegar coñecementos básicos e competencias clave sobre unha das tecnoloxías máis transformadoras da actualidade, combinando contidos teóricos cun enfoque eminentemente práctico”.

oplus_0

As sesións desenvólvense en aulas con computadores para o alumnado e permitirán aos estudantes comprender o funcionamento da IA xenerativa, coñecer aplicacións actuais como ChatGPT, Gemini ou HuggingChat, e reflexionar sobre o seu uso ético, seguro e responsábel, informaron as dúas entidades, engadindo que o programa tamén porá o foco no potencial da IA na creación de contidos dixitais (imaxe, audio e vídeo) e analizará os retos e oportunidades que estas ferramentas presentan nos ámbitos educativo, social e profesional.

Haberá sesións en IES de Muros, Boiro e Ribeira ao longo dos seguintes meses.

A deputada de Educación, Yoya Neira, destacou que “a intelixencia artificial xa forma parte da realidade cotiá da nosa mocidade, polo que é fundamental que desde as institucións públicas promovamos unha formación crítica, rigorosa e adaptada aos novos tempos”.

Neira subliñou que “non se trata só de aprender a usar ferramentas, senón de entender como funcionan, que implicacións teñen e como empregalas con responsabilidade ”.

A deputada incidiu ademais en que “este programa contribúe a democratizar o acceso ao coñecemento tecnolóxico, garantindo que o alumnado, viva onde viva, teña as mesmas oportunidades para formarse en competencias dixitais avanzadas e reducir así a fenda dixital”.

Dúas sesións por centro e ampla cobertura territorial

O programa estrutúrase en dúas sesións formativas por centro, cunha duración de dúas horas cada unha. As actividades comezaron o pasado 9 de febreiro no IES Agra do Orzán (A Coruña) e estenderanse durante os meses de febreiro, marzo e abril en centros urbanos e rurais da provincia.

As sesións desenvolveranse nos seguintes centros:

Febreiro

IES Agra do Orzán (A Coruña): 9 e 23 febreiro

IES Ferrol Vello (Ferrol): 11 e 25 febreiro

IES Ortigueira (Ortigueira): 20 e 27 febreiro

IES Isidro Parga Pondal (Carballo): 23 e 26 febreiro

IES As Insuas (Muros): 23 e 27 febreiro

IES Concepción Arenal (Ferrol): 24 febreiro e 3 marzo

IES Fene (Fene): 24 febreiro e 3 marzo

Marzo

IES Elviña (A Coruña): 3 e 4 marzo

IES Praia Barraña (Boiro): 4 e 13 marzo

IES Terra de Soneira (Vimianzo): 27 febreiro e 6 marzo

IES Sar (Santiago de Compostela): 5 e 19 marzo

IES Blanco Amor (Culleredo): 18 e 25 marzo

IES Eduardo Pondal (Ponteceso): 23 e 25 marzo

IES Mariñas (Betanzos): 24 e 27 marzo

Abril

IES nº 1 Ribeira (Ribeira): 7 e 10 abril

IES Manuel Murguía (Arteixo): 7 e 14 abril

IES Xulián Magariños (Negreira): 15 e 17 abril

IES María Casares (Oleiros): 15 e 17 abril

IES Cabo Ortegal (Cariño): 20 e 27 abril

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...