Proseguen en Muros os traballos de limpeza nas rúas do centro histórico (nas rúas Príncipe e do Río e na praza do Cristo)

16 Febreiro 2026

Continúan en Muros as tarefas de limpeza e mantemento no centro histórico, impulsadas polo Concello. A Brigada de Obras do Concello de Muros, coa colaboración do GES, está a realizar tarefas de limpeza no casco de Muros. Este pasado venres, a brigada continuou coa limpeza no centro histórico na rúa Príncipe, na rúa do Río e na praza do Cristo.

O GES fixo as labores de limpeza na contorna da Colexiata da Virxe do Camiño.

O obxectivo destes traballos é garantir a seguridade e limpeza dos enlousados e empedrados cubertos de capa vexetal por mor do exceso de humidade: “Este inverno tan chuvioso fixo que se acumule verdello na pedra, polo que para evitar o risco de caídas estase a facer a limpeza”, informou o Concello, engadindo que os traballos concentráronse tamén, a semana pasada, nas rúas Don Diego, Florida, Canavala, Xixón, Anxo, Rosal, A Saúde ou a praza de Pescadería.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...