“Unha zanoria na testa e unha pedra por corazón” – Antón Luaces

16 Febreiro 2026

O 14 de xuño próximo, Donald John Trump, presidente electo por segunda ocasión dos EUA, cumprirá 80 anos.

Nado en Nova Iorq, Trump é un executivo que, a maiores, asume ser empresario, político (?) e, cando lle peta, escritor.  Complementa estas actividades coas propias dun mal bailarín carente dun mínimo sentido do ritmo que fai que os seus movementos resulten ridículos en sumo grao. Hai quen mantén que, após o feito recentemente en Venezuela polo exército estadounidense, que atacou enclaves importantes para a defensa deste país, e o apreixamento do presidente Maduro e a súa dona, o seguinte obxectivo do presidente de EUA é Cuba, a illa tan ligada a Galicia pola historia, que conserva no último andar do edificio do Centro Galego da Habana o máis xenuíno da historia do que foi a migración galega á terra dos mambises, onde o son cubano irmandou coa muiñeira e o sentimento afouto de galegos e cubanos mantivo sempre en pé, a pesar dos pesares, a unión que aínda hoxe existe entre ambos os pobos.

Cuba non claudica, din os cubanos;  e nos montes da Galicia migrante ecoa o berro maioritario do pobo da illa que asume o reto económico para, malia o bloqueo estadounidense, manter no posible o normal funcionamento do país de asegurar os programas sociais, a saúde e o benestar da poboación por moi en precario que se pretenda manter.

O cerco financeiro/militar que se sostén a Cuba desde vai máis de seis décadas por parte dos seus veciños do Norte, non acadou que Galicia rompera os vínculos que nos vencellan, como xa se evidenciou en tempos de Manuel Fraga Iribarne coma presidente da Xunta. 

Xa son  cinco os petroleiros incautados nun só mes. Algo máis de 7 millóns de barrís foron confiscados. Desde 1962 nunca se producira un despregamento naval norteamericano semellante no Caribe. E Cuba aguanta, resiste a inmensa forza militar e financeira de EUA.

Ata cando?.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.