Roubo exprés nunha panadaría de Ribeira captado por cámaras de seguridade

15 Febreiro 2026

Unha cámara de seguridade do Forno de Lúa, en Ribeira, rexistrou a última incursión dun dos delincuentes habituais que operan pola cidade. O ladrón aproveitou un breve momento de descoido da empregada —que estaba no cuarto traseiro preparando pastelería— para entrar e saír en apenas sete segundos co botín.

TVG

“A moza estaba limpando as mans cando o viu marchar. Pensou que non levaba nada, só uns chupas tirados no chan. Pero despois, ao ir meter os billetes, decatámonos de que faltaban o táper e o estoxo. Entón dixo: tamén levou o estoxo”, explica Mónica Luna, dona do establecemento.

A propietaria calcula que o ladrón se fixo con uns 600 euros entre o diñeiro gardado nos dous recipientes. As imaxes amosan que o home levaba tempo vixiando dende fóra do local ata dar co momento axeitado para actuar.

“Fun poñer a denuncia e dixéronme que non había moito que facer. É continuo, non é que rouben 600 euros e xa está. É continuo: tira dos bolsos, fai dano á xente maior… Mesmo o fixo cunha muller embarazada. Non lle podes facer nada, ríse na túa cara”, lamenta Luna.

O roubo inscríbese nunha serie de incidentes recentes na zona: noutra panadaría tentaron acceder sen éxito, estragando a porta; no chiringuito da praia de Coroso lograron levar bebidas tras romper un cristal; e tamén houbo outro asalto nun salón de peiteado, onde romperon unha ventá para entrar.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.