O Festival de Entroido de Lousame colgou o cartel de “non hai billetes”

15 Febreiro 2026

O Festival de Entroido de Lousame foi un dos máis concorridos que se recordan, segundo confirmou o Concello, engadindo que as novidades desta edición, comezando polo adianto do festival ao sábado e seguindo pola recuperación do Desfile de Disfraces e o sorteo de agasallos, fixeron necesario colgar o cartel de “non hai billetes” cinco días antes da celebración.

Porque preto de setecentas persoas participaron no festival, que se desenvolveu entre as 18:00 e ben pasadas as 21:00 horas, momento no que o alcalde de Lousame, Esteban Ares García, e a concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, fixeron entrega dos tres vales por 300, 200 e 100 euros en material deportivo sorteados entre as case noventa persoas participantes no Desfile de Disfraces.

A tarde arrincou moi animada coa música rock de Pakolas, que durante algo máis dunha hora presentou á rapazada o seu espectáculo A Ramona pequena vai á lúa, rematando coa interpretación dalgúns dos seus temas máis populares.

O propio Pakolas lanzou un foguete para que abriran as súas portas os inchábeis e a degustación gratuíta de filloas e orellas, elaboradas por cinco cociñeiras lousamiás. O alcalde quixo poñer en valor a colaboración amosada por estas cociñeiras ao longo dos últimos anos entregándolles cadanseu agasallo.

Mentres tanto, o Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra era unha gran festa, cunha zona de música coa rapazada xogando e correndo; unha zona central con catro grandes inchábeis; e unha terceira área onde se podían recoller as orellas e as filloas, ou tamén mercar chocolate con churros nun posto da Churrería Rafa.

Mentres tanto, os máis maiores ateigaban o graderío do pavillón, degustando os doces, parolando e desfrutando dos xogos de cartas do mago Charly Braun, quen presentou o Desfile de Disfraces no que tomaron parte case noventa persoas.

Xunto ao alcalde e a concelleira de Cultura, tamén asistiron e colaboraron no reparto de filloas e orellas os concelleiros de Protección Civil, José Antonio Ces; e Deportes, Mariel Agrafojo. Todos eles coincidiron en agradecer a colaboración do persoal municipal e do voluntariado local na celebración deste Festival de Entroido.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...