Villaverde presenta en Outes o proxecto para a renovación do porto da Barquiña

14 Febreiro 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presentou este sábado 14 de febreiro no porto da Barquiña, en Outes, o proxecto de renovación integral dos pavimentos de madeira desta instalación. Trátase dunha actuación enmarcada nun contrato global para unha decena de portos autonómicos que se atopa a día de hoxe en licitación por importe de 640.000 euros.

Villaverde, que estivo acompañada polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, e o alcalde, Francisco Calo, debullou o alcance desta actuación que beneficiará ao porto da Barquiña así como aos de Lorbé (Oleiros), Muxía, Muros, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Carril (Vilagarcía), Vilanova de Arousa, O Grove e Baiona.

Amais, rasladou que as obras previstas consisten no desmonte do pavimento de madeira de pasarelas, peiraos flotantes (pantaláns), e fingers deteriorados, formado por táboas e dormentes de madeira e a posterior substitución por novo pavimento tecnolóxico de maior durabilidade e resistencia. O prazo de execución previsto para os traballos é de sete meses.

En concreto no porto da Barquiña actuarase sobre o conxunto das instalacións flotantes, incluíndo o pantalán e as pasarelas fixa e articulada. “Esta actuación dará servizo tanto ás embarcacións profesionais como deportivas que desenvolven actividade neste peirao”, dixo a conselleira.

Con esta actuación, Portos de Galicia busca mellorar “a seguridade do tránsito nestas instalacións flotantes minimizando os riscos de esvarar ou accidente; e ademais quedarán repostas as táboas en mal estado debido ao deterioro do material polas condicións climatolóxicas severas que soportan e a acción do mar”, sinalou.

Edificio náutico do Freixo

Durante a súa visita a Outes, a conselleira do Mar anunciou tamén que Portos de Galicia outorgou esta mesma semana unha concesión a favor do Concello de Outes para a xestión do edificio de servizos náuticos do porto do Freixo. Deste xeito, lembrou, a” Administración local recuperará a xestión deste inmóbel no que Portos de Galicia investiu 500.000 euros para dotar a esta dársena dunha instalación que facilite e promova a práctica de deportes náuticos”.

A concesión contará cunha bonificación do 100% das taxas pola ocupación do solo portuario dadas as actividades que acollerá e a súa xestión por parte doutra administración pública.


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...