O Concello de Ribeira pon en marcha unha nova edición de “Cóntoche un traxe” dirixida aos centros educativos do municipio

14 Febreiro 2026


O Concello de Ribeira abriu o prazo de inscrición para unha nova edición dos obradoiros culturais Cóntoche un traxe, iniciativa impulsada desde o Museo Municipal do municipio co obxectivo de dar a coñecer á rapazada o traxe tradicional galego representado na sala. Este programa, nacido xa no mes de abril do 2023, fai mostra dunha viaxe no tempo para coñecer dunha maneira sinxela, orixinal e dinámica como era o vestiario dos nosos antepasados. Para iso cóntase cunha narración acompañada de cantigas referidas ás pezas de roupa, de poemas de grandes artistas da literatura galega nos que se alude ás referidas pezas, proxeccións de imaxes de traxes tradicionais e materiais cos que se fabricaban esas teas.

A actividade, impartida por Montse Rivera, tamén contempla probar as distintas pezas de roupa e mesmo que os alumnos rematen vestidos como o facían os seus tataravós. O prazo de inscrición xa se atopa aberto e rematará o 10 de marzo a través do enderezo electrónico museo@ribeira.gal e vai dirixido a todos os centro educativos do municipio e para un público entre os 6 e os 14 anos.

Os talleres, que non poderán superar os 25 participantes, desenvolveranse nos meses de marzo e abril cunha duración aproximada dunha hora por sesión.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.