Elite e Consvial reformarán a escola infantil de Padrón

13 Febreiro 2026

A mesa de contratación do Concello de Padrón adxudicou hoxe a construción da nova escola infantil á unión temporal de empresas formada pola firma padronesa Elite e a madrileña Consvial. A UTE comprométese a executar as obras nun prazo de seis meses e cun orzamento de 789.314,31 euros, unha cifra lixeiramente inferior aos 800.000 euros inicialmente previstos polo Concello.

A proposta da mesa será ratificada o vindeiro martes pola Xunta de Goberno Local, que aprobará oficialmente a adxudicación. Ao proceso de licitación, desenvolvido con carácter público e transparente, presentáronse tamén outras catro empresas: Construcciones Iglesias MeraElecnor Servicios y ProyectosMármoles Orosa Miguel e Obras Excavaciones Construcciones Caamaño.

O alcalde, Anxo Arca, destacou positivamente que entre as empresas adxudicatarias figure unha compañía local. “Fronte ao ruído interesado, o Concello optou por seguir avanzando, con discreción e responsabilidade, cara a unha solución definitiva”, afirmou, en resposta ás críticas difundidas durante o proceso de licitación.

Arca asegurou que, unha vez finalizadas as obras, “Padrón contará cunha escola infantil do século XXI, con espazos dignos, accesibles, saudables e adaptados ás necesidades educativas actuais de crianzas, profesionais e familias”.

O rexedor lembrou tamén que a decisión do actual equipo de goberno socialista responde á “responsabilidade ineludible” de acometer a reforma integral do centro, tras os informes técnicos municipais que advertían das condicións inadecuadas do antigo edificio.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...