Arxentina estrenou “A Illa das mentiras” baseado no naufraxio do Santa Isabel. Podemos ver o trailer oficial

15 Maio 2020

O “Instituto Nacional de Cine e Artes Cinematográficos” de Argentina estrenou este xoves na súa plataforma baixo demanda Online “cine.ar”, o triller “A illa das mentiras” un film que usa como base argumental o naufraxio do vapor-correo Santa Isabel.

A película desenvolve a historia na Illa de Sálvora, aínda que está gravada en Muros, O Grove, Santiago, Arzúa e Oza dos Rios amais de en Ribeira. Trátase dunha historia escrita pola directora da película Paula Cons. O film conta con Nerea Barros, Dario Grandinetti e Aitor Luna como actriz e actores principais.

Trailer oficial da película “A illa das mentiras”

Aínda que arranca en Sálvora durante o naufraxio, o argumento é unha ficción novelada que non narra os feitos reais do acontecido aínda que os usa como referencia.

Baixo o título “La isla de las mentiras: secretos y mentiras en Galicia”, o diario “La Nación” de Bos Aires fai nun artigo unha análise da película estrenada este xoves pola noite:

“Paula Cons incursiona en la ficción con una historia ambientada a principios de enero de 1921 en la isla de Sálvora, en Galicia. Los hombres de la comunidad se habían marchado poco antes al continente siguiendo una antigua tradición y, en medio de una espesa niebla, el Santa Isabel -un vapor con destino a Buenos Aires y 256 personas a bordo- naufraga y se termina hundiendo frente a las rocosas costas de la zona“.

Promo de estreno da película “La Isla de las Mentiras” en la plataforma “Cine.Ar”

Tamén a web “Escribiendo de cine” analiza a película baixo o título “mujeres de la historia”.

Cun guión feito pola directora da película Paula Cons, quen fixo declaracións O Barbanza, retrasou o seu estreno en España previsto para o día 29 de maio pola situación de alerta sasnitaria.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.