O PSdG di que a Xunta usa a celebración do Ano Castelao “para lavar o pasado”

12 Febreiro 2026

A portavoz socialista de Cultura no Parlamento galego, Silvia Longueira, puxo o foco este 12 de febreiro nas celebracións do Ano Castelao, que, segundo dixo, “foron usadas polo Goberno do PP para lavar o pasado”. Informou que nos eventos con motivo da efeméride esqueceuse que o político e artista rianxeiro “tiña unha ideoloxía”, co fin de que esta quedara “esvaecida”.

“Ese xeito de facer cultura desfacendo a súa inserción no pasado non é un bo legado”, sinalou Longueira, que advertiu dunha “desideoloxización a través do tempo” respecto da figura do intelectual. “Recrearon o personaxe e non falaron do home”, engadiu.

A parlamentaria socialista censurou, por outra banda, “a falta de información acerca da propia organización do Ano Castelao”. E preguntouse: “Cal foi o orzamento e cales foron os obxectivos que se marcaron?, porque non coñecemos máis que unha xeneralidade e é moi difícil avaliar o resultado sen coñecelo”, explicou.

Silvia Longueira tamén mostrou o seu desacordo co enfoque da celebración, que se desenvolveu arredor dunha “serie de exposicións, cátedra, accións diversas…”, actividades que viñeron encher espazos “que a Consellería de Cultura xa ocupa habitualmente”. Nese senso, afirmou que non se organizou un programa a maiores. “Iso non é unha celebración do Ano Castelao, non é a posta en valor dun legado”, insistiu.

“Celebrar as efemérides está ben, pero a vida non se constrúe só de efemérides; tamén é o día a día”, criticou Longueira respecto da falta de transcendencia da iniciativa. “O programa didáctico non é de recibo, as exposicións foron unhas máis, non algo especial, e o esforzo que din que se fixo vai quedar todo no soño dos xustos”, advertiu.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...