Portosín acolle este venres a xornada final dun proxecto para obter máis rendemento dos nosos peixes baixo un enfoque sustentábel: GELFISH

12 Febreiro 2026

O auditorio da Casa da Cultura de Portosín acolle este venres 13 de febreiro a xornada final de resultados do proxecto GELFISH, en horario de mañá: de 10.00 a 13.00 horas.

O proxecto GELFISH céntrase na valorización e aproveitamento integral do peixe azul. Na xornada presentaranse os resultados acadados, análises medioambientais e tecno-económicas, e os potenciais usos gastronómicos dos oleoxeles de peixe baixo a marca Azul de Portosín.

Será, en palabras da organización, “un encontro para coñecer innovación, sustentabilidade e futuro no sector pesqueiro e alimentario”. Haberá varias presentacións sobre os froitos obtidos a través deste proxecto e tamén unha mesa redonda sobre as oportunidades que abren os oleoxeles.

A inscrición para asistir é xornada é obrigatoria e pode facerse a través do QR do cartaz.

A iniciativa GELFISH é un proxecto do Instituto de Investigaciones Marinas – Consejo Superior de Investigaciones Científicas (IIM-CSIC) coa colaboración da Universidade de Santiago e de entidades como a Confraría de Portosín (marca Azul de Portosín). Céntrase na valorización do aceite de peixe mediante a obtención de oleoxeles estabilizados con diferentes hidrocoloides, algúns deles de orixe mariña (como o quitosano) e que poden ser obtidos en procesos de valorización integrados coa produción dos propios oleoxeles e outros produtos de alto valor. A produción deste tipo de compostos permite, ademais de incrementar o valor do aceite, a conservación dos seus beneficios nutricionais nun novo formato máis axeitado para o seu emprego na industria conserveira, promovendo unha nova alternativa para facer o mellor uso posíbel dos recursos mariños. Todo iso co fin último de incentivar e promover o incremento dos niveis de cumprimento da obriga de desembarco (OD) mediante o aproveitamento da biomasa que antes da PPC era desbotada. Ademais, inclúe unha análise tecno-económica e ambiental do proceso, cuantificando a circularidade da valorización de descartes mediante o uso de indicadores combinados, así como os potenciais beneficios para as frotas artesanais consideradas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...