A USC elixe este xoves a súa primeira reitora na historia nunha xornada de votación electrónica

11 Febreiro 2026

A comunidade universitaria da Universidade de Santiago de Compostela votará este xoves 12 de febreiro, entre as 9.00 e as 18.00 horas por vía electrónica, á primeira reitora da súa historia. As catro candidatas son as profesoras Rosa Crujeiras (natural de Artes en Ribeira), Maite Flores, María José López Couso e Alba Nogueira, que competirán por dirixir a institución durante os próximos seis anos.

Cuatro candidatas para marcar época

Na mesma xornada electoral elixiranse tamén os representantes no Claustro universitario, nas Xuntas de Centro e nos Consellos de Departamento. A votación electrónica garante a participación de profesorado, alumnado, persoal de administración e servizos e outros sectores da comunidade universitaria.

Transparencia e avances en tempo real

A USC ofrecerá avances de participación ás 12.00 e ás 16.00 horas nun web habilitado para garantir a transparencia do proceso. Os resultados definitivos poderán consultarse unha vez finalizado o escrutinio, mentres que calquera incidencia poderá comunicarse ao correo evoto@usc.es.

Calendario posterior á xornada do 12

A proclamación provisional de electos realizarase o 13 de febreiro, con prazo de recursos do 18 ao 24. Se ningunha candidata obtén maioría absoluta o 12, haberá segunda volta con campaña do 27 de febreiro ao 9 de marzo, votacións o 11 e proclamación definitiva o 23 de marzo. Toda a información detallada está dispoñible no web de participación e procesos electorais da USC.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.