A Xunta analiza cos patróns maiores a situación dos bancos marisqueiros de Noia, Muros e Porto do Son

10 Febreiro 2026

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, reuniuse hoxe cos patróns maiores das confrarías de Noia, Muros, Porto do Son e Portosín para avaliar a situación actual dos bancos marisqueiros da zona e procurar solucións conxuntas que dean resposta ás necesidades do sector.

Durante o encontro, Suárez reiterou o compromiso do Goberno galego de manter un contacto directo e permanente cos profesionais do mar, co obxectivo de coñecer de primeira man a evolución dos recursos e valorar as actuacións necesarias para favorecer a súa recuperación e sustentabilidade.

A responsable autonómica lembrou que a pasada semana xa tivo lugar en Santiago unha reunión coa conselleira do Mar, Marta Villaverde, e representantes das federacións de confrarías para facer seguimento da situación derivada dos recentes episodios meteorolóxicos adversos e analizar o seu posible impacto nos bancos marisqueiros.

A directora xeral explicou tamén que a Consellería do Mar realiza un control exhaustivo da evolución dos bancos a través dos sistemas de monitorización ambiental dispoñibles, que permiten medir parámetros como a salinidade, temperatura, pH e outros factores determinantes para a supervivencia dos moluscos bivalvos.

Este seguimento técnico complétase co traballo continuo do persoal investigador e dos servizos técnicos da Administración autonómica, que avalían constantemente o estado dos recursos para anticipar riscos e aplicar, de ser preciso, as medidas máis axeitadas que garantan a viabilidade do marisqueo e a actividade económica asociada.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...