“Meteogalicia activa a alerta vermella nas costas da Coruña por ondas de máis de oito metros” – Antón Luaces

10 Febreiro 2026

A semana que comezamos onte non vai deparar ningún motivo de ledicia, climatoloxicamente. Seguiremos sen sol e mañá, mércores, será o día de máis perigo na costa coruñesa, motivo polo que Meteogalicia acende o máximo aviso, o roxo; o laranxa vai activarse para o resto do litoral, e o amarelo en terra por abundantes precipitacións.

A semana comezou en Galicia cun novo temporal de chuvia e vento tanto en terra coma no mar. Pero o máis duro agárdase o mércores, cando empeore a situación meteorolóxica e se activen varios avisos ao longo do territorio. Sen ir máis lonxe, a máxima alerta atinxe arestora ao litoral noroeste da Coruña. E para a Costa da Morte, nas últimas horas do mércores, por ondas que poderían superar os oito metros. O resto do litoral estará en aviso laranxa por vento e ondaxe. A alerta amarela permanecerá acesa o mércores en todo o territorio galego por abundantes acumulados de precipitación, os concellos da Mariña lucense estarán en laranxa por refachos superiores aos 100 quilómetros hora.

Unha borrasca situada ao norte de Galicia será a responsable desta situación cuxa circulación forte do suroeste deixará moita chuvia, sobre todo na fachada atlántica. 

Aínda que o mércores será o día con maior número de alertas activadas no curto prazo, hoxe, martes, será tamén unha xornada na que será preciso extremar as precaucións pola entrada dunha fronte especialmente activa pola mañá que porá en alerta por avisos laranxas toda a costa agás na Mariña lucense, que estará en amarelo. Tamén estará acendida en terra na provincia de Pontevedra, no sur de Ourense e no interior e oeste da Coruña por choiva abundante.

O xoves, Galicia aínda vai estar baixo a influencia das baixas presións situadas en Irlanda, polo que haberá unha alta posibilidade de chuvia, sobre todo pola tarde. Un escenario semellante está previsto para o venres, con circulación do suroeste e precipitación abundante na maior parte da Comunidade Autónoma. O sábado haberá unha pequena tregua, que só durará unhas horas, xa que logo o domingo está previsto que as frontes entren novamente pola fachada atlántica.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.