O Entroido de Rianxo estenderase até o 21 de febreiro e virá con concertos, concursos, xogos e degustacións

09 Febreiro 2026

Rianxo prepárase para vivir unha das festas máis agardadas do ano: o Entroido, entre o venres 13 e o sábado 21 de febreiro. As actividades virán da man do Concello de Rianxo e as entidades asociativas locais. Será “unha semana chea de música, disfraces, tradición, festa e moita diversión para todas as idades”. O programa, advirten, estará suxeito a cambios por mor das inclemencias climáticas, que todo apunta a que persistirán durante as semanas vindeiras. A troula dispararase o venres 13, a partir das 21, na carpa do Entroido da praza de Castelao (celebrarase o Concurso de Bandas Emerxentes organizado por Rock In Rian e haberá picadiscos con Chocolate Disco Móbil, Tito Maverick e DJ Cañón).

O sábado 14 a festa concentrarase en boa medida na Carpa do Entroido da praza de Castelao. Comezará ás 13 cunha sesión vermú con Mekanika Rolling Band, seguida dun cocido popular (ás 14.30h), dun bingo (ás 16.30), dun concerto do Dúo Arco Iris (ás 18h) e dunha feira de xogos (toda a tarde). Organizan A Moreniña e Rock In Rian.

O sábado 14 tamén haberá festa no Centro Cultural A Capela do Araño, a partir das 16.30h, con concursos, xogos (con Vai da Vai), música (Os Pequenos do Barbansa) e filloas.

O domingo 15 haberá moita festa na praza de Castelao, a partir das 16.30: obradoiros e xogos, o Certame de Carrozas e Grupos, o sorteo de agasallos e a actuación da Comparsa Rianxeira.

Ademais, o CC Vicente Vidal de Leiro acollerá unha Festa do Entroido o domingo 15, a partir das 17h. Haberá orellas e filloas, concursos de disfraces e música.

O luns 16 volve a festa á carpa da praza de Castelao de Rianxo, a partir das 16.30. Haberá inchábeis, obradoiros, xogos e un espectáculo: O Feiticeiro de Henriko.

O martes 17 a rapazada terá inchábeis e xogos na carpa da praza de Castelao a partir das 16.30. Tamén actuará a Comparsa Rianxeira.

O sábado 21 a festa concentrarase en Taragoña, no Campo de Pasos, a partir das 16.30. Haberá inchábeis, xogos, obradoiros, desfiles, concurso de carrozas e unha gran verbena con concursos, actuacións e DJ.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.