A veciñanza de Porto do Son fórmase en calidade de vida grazas ao Programa de Promoción de Saúde do Concello

06 Febreiro 2026

O Concello de Porto do Son está a desenvolver actividades participativas coa veciñanza enmarcadas no seu Programa de Promoción da Saúde, organizado pola Rede Galega de Promoción da Saúde en colaboración coa Administración local, co obxectivo de fomentar os hábitos de vida positivos na poboación, en áreas como a actividade física, a alimentación e o benestar emocional.

No marco deste programa, o pasado venres 30 de xaneiro levouse a cabo unha xornada participativa con exercicios de calidade, acompañada dun almorzo saudábel e nutritivo.

O Concello de Porto do Son engadiu que seguen abertas as inscricións para que a veciñanza tire proveito dos recursos e nocións compartidos nas sesións, a través do Departamento de Deportes de Porto do Son (981 76 75 89 e deportesdoson@gmail.com).

As actividades desenvólvense de novembro de 2025 a abril de 2026.

O programa comezou o 14 de novembro no Club de Xubilados cunha sesión informativa sobre conceptos básicos e recomendacións de actividade física no adulto maior.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.