O Concello de Boiro reforza o servizo de limpeza viaria cun vehículo de baldeos

05 Febreiro 2026

O Concello de Boiro vén de dotar ao servizo municipal de limpeza viaria dun vehículo adaptado para a realización de baldeos co obxectivo de “mellorar o traballo manual que realizan os operarios municipais, especialmente no núcleo urbano”, sinalou o Goberno local.

Este vehículo foi adaptado cun sistema que permitirá intensificar as tarefas de baldeo nas rúas e no mobiliario urbano como bancos, maceteiros ou outros elementos ornamentais, garantindo unha limpeza máis profunda.

“A incorporación deste vehículo supón un reforzo ao servizo de limpeza viaria, facilitando as tarefas diarias dos operarios e prestando unha resposta máis rápida ás necesidades de limpeza, especialmente en momentos de maior afluencia de persoas”, engadiu o Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...