O Concello de Boiro impulsa un espazo para mellorar o galego e explorar a nosa cultura

05 Febreiro 2026

O Concello de Boiro vai levar a cabo un curso de galego destinado ao público xeral impulsado pola Deputación da Coruña. A formación será todos os mércores de 10.30 a 20.00 horas no Centro Social de Boiro.

A área de lingua da Deputación da Coruña está a impulsar unha Rede Provincial de Grupos de Conversa en Galego, un sistema interconectado de espazos que alenten ao uso da lingua entre aquelas persoas que non a falan no seu día a día e aquelas outras que acaban de chegar á nosa terra es están en proceso de aprendizaxe.

Este grupo estará dinamizado pola técnica de ensino do Concello de Boiro co obxectivo de liderar o grupo achegando actividades e temas de conversa co obxectivo de que as persoas participantes poidan mellorar a lingua e tamén aprender da nosa cultura e a nosa xente.

A participación no grupo é gratuíta pero require inscrición previa que pode facerse no Departamento de Educación chamando ao 981 84 84 25 ou no enderezo electrónico educacion@boiro.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...