Noia Histórica celebra o San Valentín cunha noite romántica no Faro de Fisterra

05 Febreiro 2026

A asociación empresarial Noia Histórica vai celebrar o San Valentín (14 de febreiro) reivindicando o comercio local e as múltiples vantaxes (económicas, si, pero tamén sociais e culturais) de mercar en clave de proximidade. Baixo o lema Porque o amor tamén se celebra na fin do mundo, a patronal noiesa vai sortear unha experiencia romántica no Faro de Fisterra para “compartir momentos inesquecíbeis coa nosa persoa especial”, informou Noia Histórica. Para participar, as persoas interesadas teñen que rexistrar os seus tíckets de compra nos establecementos locais entre o 4 e o 14 de febreiro, a través do QR incorporado no cartel da campaña. Esta ten o apoio do Concello, a Xunta e Comercio Galego.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.