Marta Villaverde destacou na Pobra, a bordo do “Mar de Galicia”, o labor do Apostolado do Mar

04 Febreiro 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, mantivo na Pobra do Caramiñal, este 4 de febreiro, unha reunión con representantes do Apostolado do Mar (Stella Maris), encabezados polo bispo emérito de Tui-Vigo, Luis Quinteiro, recentemente elixido responsábel mundial desta organización, para analizar vías de colaboración orientadas a reforzar a atención social, humana e asistencial ás persoas que traballan no ámbito marítimo.

O encontro celebrouse a bordo da patrulleira de altura de Gardacostas Mar de Galicia, onde a titular de Mar puxo en valor o labor que desenvolve esta entidade internacional na defensa dos dereitos e no acompañamento das tripulacións, especialmente en situacións de vulnerabilidade ou afastamento das súas familias.

A conselleira lembrou que Stella Maris constitúe “a maior rede mundial de apoio á xente do mar, con presenza en máis de 350 portos de 54 países, desenvolvendo accións de acompañamento social, asesoramento e asistencia ás tripulacións”.

Villaverde subliñou tamén “o compromiso da Xunta coa mellora das condicións laborais e sociais da xente do mar, destacando a importancia de manter unha coordinación permanente con entidades que, como o Apostolado do Mar, realizan un traballo fundamental de apoio humano e social ás tripulacións, con independencia da súa nacionalidade ou situación persoal”.

Lembrou que a organización forma parte do Comité de Benestar Social do Porto de Vigo, onde desenvolve unha intensa actividade de atención e apoio aos profesionais marítimos que fan escala nestas instalacións portuarias.

Durante a xornada, as autoridades tamén visitaron as instalacións das patrulleiras Mar de Galicia e Irmáns García Nodal, onde coñeceron de primeira man os medios materiais e humanos cos que conta o Servizo de Gardacostas de Galicia para desenvolver labores de salvamento, vixilancia pesqueira, protección ambiental e seguridade marítima.

A conselleira salientou o papel estratéxico deste servizo público autonómico, referente en Europa, tanto na protección dos recursos mariños como na asistencia ás persoas que desenvolven a súa actividade profesional no mar, reforzando así a seguridade e sustentabilidade do sector marítimo-pesqueiro galego.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.