Arranca a campaña Compra Local para impulsar con importantes premios as compras en Ribeira

13 Maio 2020

Presentación da campaña celebrada o pasado venres na sede da asociación

Este mércores 13 de maio comeza en Ribeira a campaña impulsada pola Asociación de Empresarios Local para facer fronte común, coa cidadanía, arredor do comercio de proximidade. O obxectivo é sensibilizar ás veciñas e veciños da importancia de seguir apostando polo establecementos de Ribeira, unha aposta que, segundo lembra a asociación, é unha fórmula infalíbel para comezar a saír da crise económica xerada pola pandemia. A campaña Compra Local, da que informamos en detalle os días pasados con motivo da súa presentación, tamén se dirixe a fomentar as compras e a premiar a fidelidade dos clientes que mercan nos comercios do concello.

Consiste en dotar aos establecementos participantes de tarxetas-sorteo que serán achegadas aos clientes polas súas compras e que inclúen miles de euros en premios (hai 100 premios de 25€). Ademais, se o premio entrégao un comercio asociado, o importe duplícase, polo que estariamos a falar de practicamente 5.000 euros para recompensar o compromiso dos ribeirenses coas súas tendas e coas súas empresas.

Esta campaña realizase en colaboración co concello de Ribeira e nela participan máis de setenta establecementos. Segundo indica a asociación, aínda está aberto o prazo para que máis comercios formalicen a súa inscrición. Poden participar tanto socios como non socios da asociación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.