A ABE e o Club de Remo Cabo da Cruz pechan a campaña “A Contra o Reloxo do Comercio Local” con máis de 1.550 compras rexistradas

02 Febreiro 2026

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) vén de poñer punto final á campaña A Contra o Reloxo do Comercio Local, desenvolvida do 19 ao 31 de xaneiro en colaboración co Club de Remo Cabo da Cruz. Fíxoo cun balance “moi positivo”, que se traduce en 1.557 tíckets de compra rexistrados dos establecementos asociados a través da web da entidade, abe.gal.

As persoas participantes optaron aos premios tras realizar compras no comercio local e subir os seus tíckets á plataforma dixital da ABE. “A iniciativa conseguiu vincular deporte e comercio local, incentivando as compras de proximidade ao tempo que se daba visibilidade ao tecido empresarial de Boiro e ao histórico club de remo da vila”, explicaron dende a patronal boirense.

As persoas premiadas foron:

-Elena Ortiz Iglesias, por unha compra en Paquetería Josefina, gañadora dun pack do Club de Remo Cabo da Cruz.

-Miguel Miguens, por unha compra na Cafetería Barbantia, gañador dun pack do Club de Remo Cabo da Cruz.

-Emilia Rivas Piñeiro, por unha compra en Café Bar Castelao, gañadora dun pack da ABE.

-María Cobo, por unha compra en Hospedaxe Restaurante Os Trillizos, gañadora dun pack da ABE.

A ABE salientou que tres das catro persoas premiadas realizaron as súas compras en establecementos de hostalaría, “o que reforza o carácter aberto e multisectorial da campaña e do propio sistema de rexistro de tíckets da ABE, non limitado ao comercio polo miúdo (minorista), senón válido para as 212 empresas asociadas, pertencentes a diferentes sectores da economía local”.

Os premios do Club de Remo Cabo da Cruz inclúen dúas camisolas co lema Cabo somos nós, un vale de compra de 40 euros para a tenda do club e un carné de socio para a tempada 2026. Pola súa banda, os packs da ABE están compostos por toalla de praia, termo, neveira friameira e camiseta Somos Boiro.

Desde a ABE subliñan “o valor deste tipo de accións para dinamizar o comercio local, fortalecer a economía de proximidade e crear sinerxías coa vida social e deportiva do municipio”, agradecendo especialmente ao Club de Remo Cabo da Cruz a súa implicación na campaña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.