Boiro participa nun ciclo do CCG sobre os desafíos aos que se enfronta a cultura en tempos de COVID

12 Maio 2020

A xestión da cultura, tendo en conta a necesidade reformular fórmulas que pon en xogo a crise sanitaria, é un camiño cheo de desafíos. Sobre esta base e co obxectivo de ir confeccionando colectivamente mapas e follas de ruta para o novo país cultural que quedará despois da pandemia, vaise organizar este 14 de maio unha mesa redonda na que terá parte activa o Concello de Boiro a través do técnico de Cultura e membro da Comisión, Alberto García. A mesa Onde estamos? Cara a onde camiñar? xirará arredor da xestión e as políticas culturais e os seus principais retos.

Virá da man do Consello da Cultura e nela tamén participarán Marcos Lorenzo, técnico de culta en Ferrol, Juan Antonio Seara, técnico de Cultura en Allariz, e Pilar Portela, presidenta da AGPXC e directora- xerenta do Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra.

A primeira sesión deste ciclo en liña vaise poder ver a partir do 14 de maio pola tarde na web do Consello da Cultura Galega e nela vaise facer unha diagnose inicial e primeira aproximación aos retos e inquedanzas da xestión e políticas culturais municipais en Galicia.

A segunda das sesións, que será o 21 de maio, centrarase na reflexión de especialistas doutros territorios para trasladalas á realidade galega e, na última das sesións, que será o 28 de maio, vanse abordar unha serie de estratexias e ferramentas de actuación.

Segundo lembran os organizadores, “o sector cultural foi un dos primeiros en paralizar a súa actividade debido á crise da COVID-19”, o que fixo que moitos sectores e disciplinas teñan activados espazos de xeración de ideas para o futuro do sector cultural, tanto público como privado.

A primeira das sesións deste ciclo, na que estará representado o Concello de Boiro, vaise centrar nos retos e inquedanzas na xestión cultural municipal, centrándose nas diversas realidades e enfoques de traballo que existen en Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.