Un varón resulta ferido grave tras un estoupido de gas nun edificio de Santiago

31 Xaneiro 2026

Un varón resultou ferido de consideración na tarde deste sábado tras producirse un estoupido de gas nunha vivenda situada nun edificio de dúas plantas da rúa de Vista Alegre, en Santiago de Compostela. A persoa sufriu queimaduras e foi trasladada ao Hospital Clínico de Santiago.

O estoupido afectou tamén aos edificios lindeiros, que tiveron que ser desaloxados de maneira preventiva. O 112 Galicia recibiu aviso do suceso dez minutos antes das 19.00 horas, cando varios particulares alertaron dunha explosión no inmoble e da posible existencia de persoas feridas, así como de danos noutros edificios próximos.

Nada máis recibir a alerta, mobilizáronse de inmediato os Bombeiros de Santiago, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 —que desprazaron varias ambulancias—, a Policía Local e Nacional, así como efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. Tamén foron informados os técnicos das empresas subministradoras de gas da zona.

Unha vez no lugar, Bombeiros e Policía confirmaron o estoupido e a existencia dun varón ferido con queimaduras. Os servizos de emerxencia continúan traballando na zona e, segundo as primeiras hipóteses, o suceso podería deberse ao estoupido dunha bombona de gas, aínda que as causas exactas están aínda pendentes de esclarecer.

 Foto Salseo_usc

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.