A Casa da Cultura do Son acolle este sábado a proxección de “Adeus Berta”, curta de Fernando Tato rodada na Pobra do Caramiñal

30 Xaneiro 2026

Este sábado 31 de xaneiro, ás 19:30 horas, a Casa da Cultura de Porto do Son acollerá a proxección da curtametraxe Adeus Berta, que incluirá un encontro-coloquio co director Fernando Tato e coa actriz Gemma do Carmo.

Adeus Berta é unha curta de Fernando Tato escrita por Ángela Andrada protagonizada pola propia Ángela Andrada e por Gemma do Carmo (veciña da Pobra do Cararmiñal).

Trátase dunha curtametraxe rodada no concello da Pobra do Caramiñal.

A peza cóntanos a historia de Alicia, que chega a casa dos seus pais na Pobra do Caramiñal para elixir a roupa que levará a súa nai no velorio. Alí reencóntrase coa súa irmá Berta, que acaba de saír do centro de rehabilitación onde está ingresada. Nesta situación, Alicia acaba por mudarse á Pobra, escenario do reencontro e tamén lugar onde ambas as irmás terán que curar as súas vellas feridas.

Dirección | Fernando Tato

Guión | Ángela Andrada

Género | Ficción, drama, comedia

Duración | 17:42 min

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.