A Deputación da Coruña e Orgullo Galego presentan unha nova edición do programa “O galego e as redes sociais”

29 Xaneiro 2026

A área de Lingua da Deputación da Coruña presentou este xoves 29 de xaneiro a campaña O galego na música e nas redes sociais, unha iniciativa que se desenvolverá en 22 centros educativos da provincia, en colaboración con Orgullo Galego, co obxectivo de “fomentar o uso da lingua galega no ámbito dixital e promover a creación de contidos en galego nas redes sociais entre a mocidade”.

A deputada de Lingua, Sol Agra, e o responsábel de Orgullo Galego, Borxa González, deron a coñecer os principais eixos desta nova edición do programa, que, segundo indicaron, prolonga o posto en marcha pola área de Lingua provincial o curso escolar pasado para achegar a lingua galega á mocidade a través das canles e ferramentas propias do ecosistema dixital, “incorporando nesta edición a música como elemento central para visibilizar a infinidade de bandas e propostas musicais exitosas en galego presentes nas plataformas”.

Durante a presentación, Sol Agra puxo en valor a importancia de impulsar iniciativas que conecten o galego coa realidade comunicativa actual e destacou o papel das redes sociais como espazo clave para garantir a presenza da lingua entre as novas xeracións, así como para visibilizar os contidos que xa se están a crear en galego con formatos e linguaxes diversas.

A deputada referiuse á percepción, estendida entre parte da mocidade, de “que crear contido en galego pode restar seguidores, un prexuízo que, segundo indicou, non se corresponde coa realidade”. Segundo dixo, “iso é o que lles vai demostrar Borxa González nas súas charlas”.

Borxa González crea contido nunha canle referente, con milleiros de seguidores, polo que, en palabras de Agra, “preséntase como un exemplo ideal para achegarse á rapazada e mostrarlle un mundo dixital en galego, ofrecéndolle unha contextualización da situación actual, ferramentas para xerar contido no noso idioma, argumentos e referentes, así como o coñecemento de influentes e grupos musicais de éxito que empregan o galego con normalidade en todas as súas creacións”.

Pola súa banda, Borxa González subliñou o potencial das redes sociais como ferramenta para normalizar o uso do galego e achegalo a públicos amplos, incidindo na necesidade de dar a coñecer referentes e proxectos dixitais que empregan a lingua galega con naturalidade e éxito. “Demostramos co exemplo de Orgullo Galego e de tantas outras canles que xerar contido en galego suma”, afirmou.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.