O Concello de Boiro abre o prazo de matrícula das súas novas formacións para persoas desempregadas

28 Xaneiro 2026

O Concello de Boiro vai levar a cabo durante o primeiro semestre do ano 2026 un novo programa de accións formativas para persoas desempregadas nas especialidades de Operacións Básicas de Cociña e Operacións Básicas de Restaurante e Bar. O prazo de inscrición está aberto e toda a información para matricularse na web municipal ou no departamento de Orientación Laboral.

Ambas as dúas especialidades comezan o 9 de marzo de forma presencial no Centro de Formación, Innovación, Emprego e Emprendemento do Concello de Boiro, situado no Polígono de Espiñeira. Operacións Básicas de Cociña será de 350 horas de duración e desenvolverase en horario de 9.00 a 14.00 horas ata o 7 de xullo de 2026. A formación en Operacións Básicas de Restaurante e Bar será de 290 horas de formación e desenvolverase en horario de 15.00 a 20.00 horas ata o 21 de xuño de 2026.

As formación completarase coa realización dun módulo de Prevención de Riscos Laborais de 60 horas e con outro módulo de inserción, orientación laboral e igualdade de xénero de 18 horas. As prazas están limitadas a 15 por curso e para acceder non hai requisitos académicos ao ser certificados de profesionalidade de nivel 1.

As formacións son gratuítas e implican a realización de prácticas en empresas; está dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia e a súa situación laboral como non ocupada.

A inscrición pode facerse directamente na Oficina Virtual de Emprego ou mediante o departamento de Emprego do Concello de Boiro, de forma presencial en Orientación Laboral, no teléfono 981 84 26 09 ou no enderezo electrónico emprego@boiro.gal.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...