O BNG esixe á Comisión Europea que atenda as demandas da frota da pesca artesanal galega

26 Xaneiro 2026

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reclama que a Comisión Europea atenda as demandas da frota pesqueira artesanal galega e flexibilice o regulamento de control e pide ao Ministerio de Pesca “que non ceda diante da política de absolutamente esnaquizar o sector pesqueiro galego, que é o que está facendo a Comisión Europea, que é do Partido Popular igual que o Comisario”.

“O BNG voltamos a esixir que se flexibilice o regulamento de control de pesca, tal como foi pedido polo sector pesqueiro e marisqueiro galego durante as pasadas semanas nesas mobilizacións que houbo nos portos galegos”, subliña a eurodeputada do Bloque, en referencia ao Consello de Ministros de Pesca e Agricultura que hoxe se celebra en Bruxelas e na que a Secretaria Xeral de Pesca reunirase co Comisario de Pesca, Costas Kadis.

Segundo defende a eurodeputada galega, nesa reunión “teñen que esixir e trasladar esas demandas que piden os mariñeiros galegos e que pide o sector pesqueiro, que é que se cumpran unhas medidas realistas”, xa que ao seu xuízo, as normas do regulamento de control de pesca “non poden ser cumpridas por parte da frota pesqueira artesanal galega”.

“Nós, desde o BNG, tal como pediu xa a nosa portavoz de Pesca no Parlamento Galego, Rosana Pérez, o que esiximos e que se exclúa a frota pesqueira artesanal do regulamento de control”, lembra Ana Miranda, ao tempo que reitera o seu compromiso seguir “batallando en Bruxelas como eurodeputada galega na Comisión de Pesca por esta cuestión”.

Longa batalla

Precisamente a eurodeputada do BNG vén de remitir unha carta á Directora Xeral de Pesca da Comisión Europea, Charlina Vitcheva, na que lle explica a importancia de que o regulamento de control de pesca recolla as singularidades do sector pesqueiro galego, de forma que a pesca galega non siga sendo discriminada. Esta posición é coherente coa oposición ao regulamento de control, ao votar en contra no pleno de outubro de 2023.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.