Alerta vermella no litoral de A Coruña e Pontevedra e laranxa na Mariña este sábado por temporal costeiro

23 Xaneiro 2026

A Xunta de Galicia manterá este sábado a alerta laranxa por temporal costeiro na comarca da Mariña lucense e elevara a nivel vermello a partir do mediodía no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra, ante a previsión de condicións meteorolóxicas adversas no mar.

Segundo as previsións, agárdanse fortes ventos e un aumento significativo do estado da mar, con ondas que poderían superar os valores habituais e provocar situacións de risco nas zonas costeiras máis expostas.

Ante esta situación, as autoridades autonómicas recomendan extremar as precaucións, evitar a proximidade a zonas de costa, espigóns e praias, así como seguir as indicacións dos servizos de emerxencias e da Axencia Galega de Emerxencias (Axega).

A activación do nivel vermello implica risco elevado para a seguridade das persoas, polo que se insiste en limitar actividades no mar e na franxa litoral durante o episodio de temporal.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.