A Policía Local de Ribeira sanciona a varias persoas por depositar residuos na vía pública

23 Xaneiro 2026
Foto de Pablo Blanco da rúa da Barreira, compartida en Cambiemos Ribeira e Veciñanza de Ribeira

Axentes da Policía local de Ribeira sancionaron nos últimos días cunha infracción leve a varias persoas por depositar lixo fóra dos contedores habilitados e esparexer o seu contido na vía pública. Os axentes fixeron tamén varios apercibimentos polo incumprimento da ordenanza municipal de
limpeza, que prohibe deixar bolsas no chan.

“É preciso poñer fin a actitudes incívicas que supoñen o incumprimento da normativa. Non podemos permitir que se ensucien as nosas rúas. As sancións e os apercibimentos son medidas disciplinarias que non gustan, pero que son necesarias para paliar situacións que ultimamente estanse acrecentando no noso municipio. A veciñanza ten que saber tamén que existe un horario para o depósito do lixo nos contedores. Todos temos a responsabilidade de contribuír ao benestar social de coidar as rúas de Ribeira”, apuntou a alcaldesa María Sampedro.

A modificación da ordenanza municipal, no seu artigo 27 con data do 2018, establece que o horario de depósito de lixo nos contedores de ‘fracción resto’ é de 18.00 a 00.00 horas, coa excepción dos residuos correspondentes ás fraccións de recollida selectiva de papel-cartón, envases lixeiros e vidro, que poderán depositarse a calquera hora do día.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.