“Adamuz, o pobo cordobés onde dous trens espertaron a conciencia solidaria de España”. Antón Luaces

21 Xaneiro 2026

Confeso a miña ignorancia: o terrible accidente ferroviario protagonizado en Andalucía por dous trens de alta velocidade causante  da morte de máis de 40 pasaxeiros e feridas de distinta consideración a outro cento longo deles, foi quen de facer que me esforzara por saber desta vila de pouco máis de 4.500 habitantes, situada no corazón da Serra Morena cordobesa, ao nordés desta provincia española. Un accidente que acadou unha resposta unánime da que  rnoito e ben nos podemos gabar os españois.

Foi a pegada deste suceso a que me levou a saber como era o pobo que, sen preparación previa, sen que ninguén por iniciativa propia ou colectiva levara a cabo unha campaña de axuda aos afectados, acudiron en axuda destes. Todos os que poideron levaron mantas, roupas de abrigo, auga e viandas cos que socorrer aos que aterecían de frío na noite espesa da serra e sen unha palabra de conforto para os seus males no inmenso silencio que sempre sucede após unha traxedia colectiva destas dimensións.

Foi unha lección máis do pobo a unha clase política que, en pouco máis de 24 horas de rexistrado o triste acontecemento, xa estaba culpando do ocorrido a quen goberna o país e á que ninguén con atributos para elo xulgou. Nen sequera respectaron a dor dos que velaban aos seus finados, dos que padecían agardando a localización dos viaxeiros deses dous trens desaparecidos no accidente… Unha vez máis a clase política española evidenciaba canto de lonxe está dos seus electores, canto ten que aprender destes.

Que doada semella ser a crítica cando non se ten que dar conta dela diante dun tribunal constituído a efectos de xulgar este tipo de actitudes.

Vergoña da esta miserenta actitude. 

Miraranse algunha vez ao espello da verdade ou optarán por se enganaren a sí mesmos, como acostuman?.

Noxo.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.