A xira de “Vicio sempre houbo”, o monólogo de Atenea García, recala este venres en Boiro

20 Xaneiro 2026

A Deputación da Coruña e o Concello de Boiro, ao abeiro da edición 2025 da campaña provincial Ser e Sentir e como colofón da mesma, programaron para este 23 de xaneiro o espectáculo Vicio sempre houbo, un monólogo para público adulto previsto para as 20.00 horas deste venres no Centro Social de Abanqueiro. A entrada será de balde.

Como dixemos, forma parte da edición 2025 da campaña Ser e Sentir da Área de Igualdade de Xénero da Deputación da Coruña, unha iniciativa desenvolvida ao longo dos últimos meses co obxectivo de promover a igualdade, o respecto á diversidade afectivo-sexual e de identidade de xénero.

Durante esta edición, Ser e sentir impulsou accións dirixidas a concellos, entidades sociais, centros educativos e público xeral, consolidándose como un espazo de diálogo, visibilidade e reflexión arredor dos dereitos, as liberdades e a dignidade das persoas.

En Vicio houbo sempre Atenea García presenta historias de vida recollidas a mulleres maiores de 80 anos arredor do desexo, do pracer e da sexualidade, chegará a dúas localidades coruñesas.

Trátase dunha divertida proposta de narración oral para público adulto onde Atenea García reflicte historias de desexo, pracer, sexualidade… A primeira conversa naceu cunha frase: “Vicio houbo sempre, gracias a Dios!”, e logo seguíronlle outras tantas onde as mulleres foron contándolle unha chea de cousas supostamente prohibidas.

A xira de Vicio houbo sempre rematará ao día seguinte, 24 de xaneiro, en Val do Dubra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.