Arousa Neo arrinca 2026 ao grande: coas Trail Series en Outes e Portosín (prazo de inscrición ata este domingo)

14 Xaneiro 2026

Arousa Neo comezou o ano en clave intensa: organizando dúas probas de trail de máxima relevancia en Outes e máis en Porto do Son (Trail Series).

A primeira das citas será o Trail de Outes, previsto para o vindeiro 25 de xaneiro, coa colaboración de CAO e con saída dende O Freixo (Centro Náutico). Haberá tres vertentes: curta (15 quilómetros de percorrido e 800 metros de desnivel), longa (21,5 quilómetros e 1.100 metros de desnivel) e modo andaina (15 quilómetros).

Ademais, o 22 de febreiro vaise celebrar en terras sonenses a edición 2026 do Xtosín Trail, un clásico da comarca do Barbanza neste deporte que reivindica a fermosura das nosas paisaxes e da nosa natureza. Será, en palabras da organización, “unha proba na que se combina a dureza do percorrido cunhas paisaxes espectaculares”

As persoas participantes poderán escoller entre dúas distancias: o trail longo de 21K e un desnivel de 980 metros ou o curto de 15K, cun desnivel de 750 metros. Ademais, tamén se realizará unha andaina de 15 quilómetros.

Organizan Arousa Neo, Sachacamiños e o Concello de Porto do Son.

A saída será o porto pesqueiro de Portosín.

As persoas interesadas xa poden formalizar a súa inscrición a través da web galitiming.

Lembrar que o prazo de inscricións das Trail Series remata este domingo 18 de xaneiro, segundo lembran nas redes dende Arousa Neo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.