“Veñen os Reis”. Xulio Xiz

14 Xaneiro 2026

Son devoto dos Magos, malia que non me prestaron atención ata que fun maior. Este día cinco estiven á súa beira en Begonte e en Lugo, confortado por unha información radiofónica que xustificaba que puidesen estar á vez en milleiros de lugares de todo o mundo. Xa que ao ser magos poden multiplicarse indefinidamente, e que para eles non hai barreiras temporais, atendinos no Belén de Begonte – onde logo se demoraron con todos os nenos do concello -, e pouco despois agardeinos na rúa lucense da Raíña, presenciando un desfile como na miña vida tiña visto.

Nico, bisobriño neto, que con tres anos estreaba paixón pola comitiva real, situábase no medio da rúa para contemplar a cabalgata, que tardou en aparecer, pero valeu a pena. Mentras os maiores pasmábamos diante da comitiva, el agardaba únicamente polas Maxestades dos agasallos, confesándose devoto entusiasta dos tres. Eu, pola contra, con visión de adulto, calculaba o custo do desfile sen atopar cifras abondas para calibrar o que supuña para as arcas pagadoras, pero dándoo por ben empregado diante da magnificencia coa que os Reis brillaron diante dos seus súbditos.

As cousas hai que facelas ben, e en Lugo moi ben foron feitas. Aínda que os máis afectados só tiveran ollos para as carrozas dos Magos, de onde procedían os caramentos e as promesas implícitas da visita nocturna, xenerosa en proporción ao potencial económico ou ao esforzo dos pais. Porque non hai que esquecer que, na vida real, segue a ocorrer que os agasallos entran máis doadamente nunhas casas ca noutras, sexa porque os pais poñen pouca fe nas peticións, ou se esquecen de botar as cartas ao correo

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...