Identificado pola Policía de Rianxo un delincuente reincidente por repetidos furtos en establecementos locais

13 Xaneiro 2026

A Policía Local de Rianxo informou que na quenda da tarde deste luns 12 de xaneiro procedeu á identificación dun varón como presunto autor de tres delitos leves contra o patrimonio por furtos, que foron perpetrados de forma continuada en diversos establecementos do núcleo urbano de Rianxo.

Segundo explicaron, os feitos aconteceron de xeito sucesivo durante a franxa vespertina do día deste luns, xerando unha rápida resposta policial dos axentes de servizo.

No marco da intervención realizada, os axentes cando localizaron ao sospeitoso, atoparon entre as súas pertenzas os obxectos procedentes dun dos furtos, séndolle aprehendidos.

Instruíronse os correspondentes atestados policiais polos feitos acontecidos, nos que se identifica plenamente ao presunto autor dos ilícitos penais, ao cal, segundo fixeron saber os axentes, “cónstanlle numerosos antecedentes por feitos similares e outros roubos”.

As dilixencias policiais realizadas son remitidas polo procedemento oportuno ao Tribunal de Instancia de Padrón en funcións de garda.

Procedeuse tamén á entrega en calidade de depósito dos efectos recuperados ao seu lexítimo propietario.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.