O mércores 14 empeza con choivas con mellora progresiva pola tarde

13 Xaneiro 2026

O mércores 14 presentarase inestable nas Rías Baixas e na comarca de Santiago, nunha xornada marcada pola situación intermedia de Galicia entre as altas e as baixas presións. Durante as primeiras horas do día agárdanse ceos moi nubrados, con chuvascos intermitentes que poderán afectar tanto á costa como ao interior.

Co avance da xornada, o tempo tenderá a mellorar especialmente nas Rías Baixas, onde se irán abrindo claros a partir do mediodía. En Santiago, a evolución será algo máis lenta, aínda que tamén se prevé unha diminución das precipitacións cara á tarde.

As temperaturas experimentarán un lixeiro descenso, mantendo un ambiente fresco para a época (6 a 14 graos).

No que respecta ao vento, soprará do noroeste pola mañá, con intensidade moderada no litoral das Rías Baixas, para ir virando progresivamente a suroeste. En puntos expostos como Fisterra poderán rexistrarse refachos fortes ao longo do día.

meteogalicia

O noso mar; Vento do norte á mañá, do oeste á tarde e do sudoeste á noite, forza 4 a 5 á mañá, 1 a 3 á tarde e 4 a 6 á noite. Forte marusía á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 3.5 metros á mañá e 2 a 2.5 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...